Bollería de manteiga de tona de leite

Un paso máis, un esforzo máis, que nos leva á calidade das pezas de croissant francés, o croissant por excelencia.

A manteiga de tona de leite proporciona sabor, recendos e textura sen igual. Un proceso moito máis laborioso, pero paga a pena buscar a excelencia e compracer á nosa clientela.

Voltamos aos sabores claros e sinceros, á saúde, pois a manteiga procede directamente das mellores natas mentres a margarina o fai de diferentes aceites e graxas vexetais. E voltamos ao pracer, á definición dos sentidos nun simple bocado.

Croissant

Napolitana de crema

Napolitana de chocolate

Cornos de chocolate

Caracolas de pistachos e chocolate

Caracolas de pasas e améndoas

Palmeiras

Lazos

Lazos de crema e chocolate

Croissant - Panadería Moscoso Moure