Pasteis

Quen non ten lembranza de cando era neno, deses días especiais ou aqueles paseos acompañados dun pastel. De cando os pasteis individuais facían que os rapaces se parasen diante do escaparate. Cando pasados moitos anos, xa de maiores, dicimos: «e aqueles pasteis que tomabamos cando iamos a pasear... ou aqueles pasteis que mercabamos cando eran as festas de...»

Iso é o que buscamos crear. Intentamos voltar a que a memoria nos faga alusión a esas larpeiradas, e que os nenos de hoxe lembren, os días de mañá, os nosos pasteis como seguramente nós recordamos os que comiamos de cativos.