A última semana de febreiro, concretamente os días 25, 26, 27, 28 e 29 de febreiro Con Moita Miga voltará para difundir e valorar o pan que se fai en Galicia.
Un cambio de dirección do blog e unha dose de realidade fea.
Este blog vai para dous anos. Dous anos moi intensos cheos de vivencias e de actividade. Un blog tremendamente humilde que permitiu difundir aínda así o meu pensamento persoal sobre moitas circunstancias do mundo do pan.
Como xa teño falado moitas veces o mundo do pan espertou. Parece que hai unha tendencia de apostar pola calidade e que os consumidores empezan a demandar un produto que reflicta o bo facer dos artesáns.
Se fai seis ou sete anos alguén nos contara que a estas alturas ía a haber xente que volvía a facer pan na casa, estou seguro que ninguén o crería. Pero se nos vaticinaba que estes afeccionados terían un nivel alto de coñecementos a nivel bioquímico de procesos do pan, que esta xente sería coñecedora das diferentes fariñas que usan os profesionais.
Eu non coñecía persoalmente a José Luis Miño, si que tiña moitas referencias del. Pero ata o de agora, ata que se realizou o evento de Con Moita Miga, nunca falara con el persoalmente.
O pan galego e os panadeiros son para min unha obriga que non podo deixar a un lado. Con Moita Miga somos un grupo de xente de diferentes profesións, que nos une un ben común, o pan e os panadeiros. No Gaiás o 26 e 27 de xaneiro plantouse unha semente que debemos de coidar e seguir traballando para que o pan galego ocupe o lugar que nós cremos que merece.
O pan é un ben patrimonial de Galicia e dos galegos, un valor que non debemos de deixar a un lado xa que é un referente de gastronomía e un referente da identidade e da maneira de ser dun pobo. Somos terra de muíños, grans de millo e de centeo, dos trigos escuros e intensos.
Hoxe falaba cun empresario do sector e dicíame “Guillermo, o sector da panadería en Galicia está literalmente morto”. O peor non era que el o dixera, é que o outro empresario que tiña ao seu carón asentía con cara de total resignación. E que facer, resignarse? Nunca.
Vai para tempo que levo pensando e matinando sobre o pan e o futuro do mesmo. Levo coidando en demasía moitas situacións que a maior parte das veces non me gusta contalas. O abstracto do tema leva a dificultade, moitas veces, de concretalo e poder expresalo con certa nitidez.