Molete

Unha das referencias do pan galego. A súa extraordinaria presenza, a miga húmida, a codia crocante fai que sexa un pan que precise o mimo e o saber facer dos mellores profesionais. Enfornámolo case a media mañá así que aínda chega morno ós nosos consumidores.

«Referencia galega, emblema de Compostela»

É unha obriga reflectir a boa valoración que conseguiron as excelentes tafonas da nosa cidade na elaboración dos moletes.

Amasando un molete - Panadería Moscoso Moure