Pan de cebola, allo e queixo
«Pans que conservan a súa posición e reinado»
Queremos un bocado lixeiro, suave, que nos sirva para tomar como almorzo, entrante, merenda ou cea. Cunha codia fina, unha miga sedosa, un recendo delicioso e un sabor supremo, que conserva a humidade na miga que proporciona o zume da cebola mesturada co aceite de oliva virxe extra, o obxectivo é un pan cun fino toque de cebola acaramelada.
Co noso pan de allo quixemos dar un pasiño máis, acamelando o allo e mesturándoo con pirixel fresco. Unha masa enriquecida co mellor dos aceites de oliva. Un formato apetitoso e de bocado.
Ademais, en Moscoso-Moure, creamos un boliño que leva o mellor do pan e do queixo. E conseguimos elaboralo dunha maneira única e diferente ao resto, polo que será difícil resistirse.