Pan do río

Un quilo de fariña e un litro de auga; 100% de hidratación, non cabe máis. Cunha fermentación lenta mediante a masa nai natural líquida. Fariña de excelentísima calidade, tempo e o valor dos nosos profesionais capaces de manipular masas tan delicadas. O resultado? Sutil, elegante e húmido. Un pan en forma de rosca que conserva, a pesar da hidratación, a codia crocante característica do pan ben feito, do pan auténtico.

[Produto ocasional]
Pan del río - Panadería Moscoso Moure