Pan de noces, pasas, noces e pasas

Non se busca mesturar estes froitos a unha masa de pan común; buscamos un pan perfectamente equilibrado, cunha masa que se adapte aos froitos secos cós que se vai combinar. Estas tres variedades parten dunha mesma masa: unha elaboración sutil, suave e cunha codia fina que dará a sensación dun produto lixeiro e auténtico. Combinado con noces, pasas ou ambas, o resultado é un pan diferente debido ao froito que leva e a súa maceración.

Parécenos un almorzo ideal tanto para nenos como maiores. Debido ao seu aporte enerxético, é unha merenda sá e deliciosa

Recomendamos comelos sós ou con diferentes queixos, algún embutido suave ou marmeladas.

[Produto ocasional]

Esta semana:

Pan de noces, pasas, noces e pasas: venres