Pan branco
Presentámolo en distintas variedades, diferenciándose na forma, textura, sabor e conservación. Isto consíguese mediante os diferentes tempos de fermentación de cada tipo, o formado e a cocción dos mesmos. A nivel xeral falamos dunha masa lixeira, esponxosa e cunha codia fina e crocante.
Estes pans casan con calquera comida, aínda que se recomendan encarecidamente para facer suculentos bocadiños ou montadiños combinados con todo tipo de embutidos ou patés.
Barra artesá
Boliñas
Baguettes artesás