Pan do avó
«A sinceridade dun legado difícil de esquecer»
Referencias do pasado. Referencias e referentes que marcarán a pauta ao longo de toda unha vida, toda unha paixón que intentamos demostrar en cada intre no noso obradoiro.
A sinxeleza das boas materias primas, a sinceridade do auténtico e a espera. A espera ao tempo, ao tempo da masa, ao punto da masa. Ao tendido da mesma e novamente a espera. Simple, moi simple. Simplificar un proceso de tal maneira de que o tempo faga o pan. E o enfornado, longo e en forno de soleira.
Simplemente simple. Tempo e máis tempo. Pan auténtico.