Artesás do xeito

«Envoltos no Atlántico, con referencia a estas embarcacións, fomos probando ingredientes e procesos típicos da Galicia onde nos estabamos a mover. Queriamos que se vira e degustara unha parte do océano nunha peza de pan»

Sería difícil explicar a identidade dun pan tremendamente diferente. Excluíndo os termos poéticos, as artesás do xeito queren reflectir unha Galicia puramente atlántica. Todo nace nunha comida en Caldebarcos, concretamente en Fontevella. A idea de facer un pan referente ao territorio atlántico galego viña de lonxe, pero todo colle forma baixo aquel marco incomparable cando, ao rematar a comida, ten lugar unha exposición ao aire libre das Lanchas xeiteiras, embarcacións galegas xa en desuso. A última apareceu soterrada na area da praia de Caldebarcos, onde se reconstruíu e chamou Nova Marina. Estas lanchas utilizábanse para pescar as sardiñas mediante a pesca ao xeito. Os taleheiros, patróns daquelas barcas, organizaban varias embarcacións para cercar o banco de sardiñas. Era o arte do xeito.

Estas foron as bases. A partir disto, probamos tantas veces como fose necesario ata o resultado final.

[Produto ocasional]

Artesás do xeito

De sardiñas

De chourizo

Artesanas do xeito - Panadería Moscoso Moure

Esta semana:

Artesás do xeito: venres