Artesás do xeito de sardiñas
Partindo da mesma base que as Artesás do Xeito, as de sardiñas presentan a diferenza de que, antes de que finalice o amasado, se engaden as propias sardiñas para que se misturen totalmente na masa. As sardiñas pasan a formar parte da fermentación da masa, aportando un sabor e unha textura novidosa, intensa e que dificilmente non obrigue a repetir bocado a quen o probe. Unha maneira distinta de facer pan. Unha forma de marcar diferencia.
[Produto ocasional]