Pan de sementes de longa fermentación

Da mestura das mellores fariñas de centeo, trigo e soia, combinada con sementes como paínzo, liñaza, sésamo, pipas e trigo, elaboramos un pan diferente ao que se pode atopar, hoxe en día, no mercado. Un pan feito coma ao de antes, pero con trazos das novas correntes de pans de fibra e sementes.

Ten un proceso de fermentación natural, sen engadirlle ningún tipo de axente que axude a levedala masa, unicamente o noso fermento ou masa nai natural. Cunha codia grosa e crocante e unha miga escura, aromática e cun toque lixeiramente acedo.

Ideal para o que queira consumir pans moi dixestivos e cun alto contido en fibra.

Recomendamos que o consuma só, tamén con carnes vermellas e, sobre todo, con todo tipo de embutidos.

[Produto ocasional]
Pan de sementes (detalle) - Panadería Moscoso Moure

Esta semana:

Pan de sementes: xoves