Tostas

Ao mellor pan engadímoslle unha salsa de tomate, un pouco de aceite de oliva virxe extra e, en ocasións, unha bechamel caseira. A partir de aí, unha mestura de polo con mazá e améndoas torradas, atún con piña e ourego, zorza con alfábega, touciño entrefebrado con noces e olivas ou unha morea de combinacións que farán que nin o máis esixente dos padais poida resistirse. E todo isto aderezado cos mellores queixos españois, italianos e franceses fundidos e acaramelados no noso forno.

Detalle de tosta - Panadería Moscoso Moure