15 Aniversario Pan da Moa
Con motivo da celebración do noso 15 aniversario, facemos un breve resumo e agradecementos por estas xornadas inesquecibles.
O pasado 22 de Outubro celebramos o 15 aniversario de Pan da Moa, ao que acudiron moitos panadeiros de todas as rexións de España e en especial un panadeiro moi respetado e querido procedente de Estados Unidos, Jeffrey Hamelman.
Pois ben, durante estes 3 dias, realizamos unha convivencia e intercambio de coñecementos, elaborando pans e doces variados. Para isto tivemos a sorte de contar coa presencia de grandes profesionais coma Xavi Barriga, Txema Pascual, Manuel Flecha, Carlos Mariel, José Romero, José Luis Miño, Diego Castro, Ibán Yarza, a fariñeira Lot Roca e moitos integrantes do Colectivo La PEPA.Tivemos a sorte de poder brindarlle a oportunidade de degustar estas elaboracións á nosa clientela habitual e xente que se achegou ata as nosas tendas.
Dentro destas elaboracións, puidemos degustar as barras de catro puntas, o Uzta (pan de mosto), a hogaza de León, o brioche de cogumelos, as bolas de alta hidratación…ou doces coma o pastel Vasco, as proias, bolas de nata, curruspiñadas ou a Bierwecke, un pan doce con ameixas, pasas, peras, figos e abelás.
Foron 3 días nos que case 35 persoas traballaron de maneira conxunta para sacar unha producción moi especial. Durante a convivencia, puidemos aprender non só as receitas novas, senon tamén a importancia de intercambio con outros profesionais do sector, e a posibilidade de solventar dúbidas e axudarnos entre nós. Non é unha cuestión de roubarse as receitas e a clientela, é unha cuestión de compartir unha paixón e un saber facer dun produto tan humilde e a vez tan necesario como é o pan.
Por último e non menos importante, temos que facer unha mención especial para todo o noso grupo humano que conforma Pan da Moa, porque sen o seu traballo e o seu empeño o evento non houbera saído a perfección. Grazas.