Celebramos 15 anos con vós
Celebramos 15 anos cunha acción moi especial.
Neste 2019, Pan da Moa fai 15 anos e non atopamos mellor maneira de celabralo que facendo pan. Así que deunos por deseñar unha actividade na que, a través do pan, celebrarmos con vós estes 15 anos e outros tantos que virán.
Os días 23 e 24 de Outubro, Pan da Moa comparte o seu obrador cun grupo de amizades que nos deu a panadería e que traballarán e aprenderán con nós facendo as nosas elaboracións e o mesmo faremos nos coas súas. Durante eses dous días modificaremos o calendario de pans e doces para ofrecer ás elaboracións especiais destes referentes para poderdes gozar das receitas do mellorciño da panadería. Son dúas xornadas de produción nas que poderedes atopar nos nosos despachos, pans elaborados por: José Luis Miño, Diego Castro, Colectivo la PEPA, Jeffrey Hammelman, Xavi Barriga, Carlos Mariel, Manuel Flecha, Txema Pascual, Ibán Yarza, José Romero, Lot Roca e naturalmente Manuel Moscoso, Guillermo Moscoso.