Pan da última fornada

Crítica, Nadal, conclusións...

Xa facía algún tempo que non me sentaba a escribir. Entre o Nadal e todo o traballo destas datas apenas tiven tempo para contar e seguir a disfrutar do blog. Moitas veces nunha dinámica tan esixente de traballo non é doado buscar momentos oportunos para poder dedicar atención a outras actividades que gustan, pero pola contra quedan todos eses momentos que segues gozando mentres estas elaborando.

Todo un clásico destas datas navideñas que vimos de rematar
Todo un clásico destas datas navideñas que vimos de rematar

Pasaron as mencionadas datas e sempre parece que é bo momento para facer unha reflexión sobre o que pasou neste ano pasado. Ver como foron as cousas e se realmente se conseguiron os obxectivos. E finalmente sacar conclusións. Non é doado isto das conclusións xa que se deben  basear en datos empíricos e non en impresión e sensacións que moitas veces poden ser erróneas.

O problema é que estas sensacións moitas veces poden prevalecer sobre a realidade e se son difundidas dependendo en onde e quen as diga poden afectar. Ter transcendencias que ó mellor non son tan necesarias como o mesmo pensador quixera que fosen.

Concretando máis, bueno concretando de todo, estoume referindo á entrada que fixo Mikel López Iturriaga no seu blog El comidista que titulaba como Decadencia y caída del roscón de Reyes. Teño que dicir que son un seguidor dende fai tempo dos seus artigos. Gústame como escribe e como argumenta o que pensa e ademais aprendo moito con algúns dos seus posts. Pero, dende aquí, dende este recuncho do panorama nacional, precisamente dende Santiago de Compostela teño que dicir que, cando menos, sorprendeume a crítica tan feroz e xeneralizada sobre os roscóns de Reis.

Sen lugar a dúbidas que me molestou ese sentido tan xeneralizado que lle deu a diminución da calidade. Molestoume que se fixera en datas nas que xa se empezaban a vender roscóns. E anticipo que non é por motivo algún de que a min me afectase a crítica ou que me sentira en parte mencionado, por que estou seguro que Mikel López Iturriaga nunca probou os roscón que nós elaboramos. Se non polo aspecto ou mala costume que temos todos a xeneralizar. Primeiramente por que non estou de acordo cos ingredientes que apunta e despois por que estou completamente seguro que queda xente en España que é capaz de que Mikel volva a sentir esa sensación única de cando probas algo que realmente che fai sentilo éxtases da sutileza e da delicia.

Posiblemente algún valore de descaro ao que estou facendo. Realmente non intento iso, trato de dicir que seguro que hai moitísimos profesionais, pasteleiros ou panadeiros, que traballan, pensan e fan o mellor roscón de Reis que nos podemos imaxinar.

Agora tamén quero resaltar unha cousa, estou de acordo que o acomodo e o pouco gusto polo oficio levou a moitos “profesionais” a baixar a calidade e así a alimentar a mala crítica. Razón máis que de valorar para que sexa un toque de atención e que como profesionais temos que pensar na calidade e no gusto por facer as cousas de maneira excelente.

Comentarios

Boas, Guillermo:

Estou de acordo contigo en que as xeneralizacións son complicadas, pero penso que Mikel fala sobre todo dos espantosos roscóns que se atopan en prácticamente tódolos supermercados. Non sei se viches a comparativa que fixo J.C. Capel no seu blog, na que salvaba algún pero na que a meirande parte saían tamén moi mal parados.

Estou contigo en que, por sorte, quedan todavía algúns obradoiros artesáns que elaboran fantásticos produtos e en que cada vez máis hai xente nova que se suma a esa corrente e que reivindica o traballo artesán e de calidade. Por iso, como sabes, estou empeñado en que se fale deles e en que non queden tan á sombra das grandes cadenas.

Outro tema que habería que falar, respecto a roscóns, é a diferencia na súa elaboración entre diferentes zonas. Aquí, como temos o tema das roscas todo o ano moitas veces hai unha certa contaminación entre uns e outros.

En fin, como sempre, moito que falar sobre o tema.

Apertas

Moitas grazas polo comentario Jorge. Non lle quito razón nin a Mikel López Iturriaga nin a J.C. Capel na ausencia da calidade de moitísimos roscóns que existen no mercado. Xa sen falar dos grandes centros comerciais, que me parece que merecen mención exclusiva, moitos obradoiros pequenos tamén necesitan ese toque de atención. Pero repito que me gustaría que se falase da xente que o fai ben e da xente que leva a calidade e a artesanía como marca de identidade. Na entrada da Mikel eses artesán non aparecen por ningures.
O tema dos ingredientes e a elaboración das roscas e roscóns xa o trataches ti algo nun dos teus posts, sen dúbida que estaría moi ben aclarar isto porque aquí en Galicia é moi dado a confusión. Xa que a elaboración do roscón de Reis en panadería é relativamente actual debido a que os panadeiros ata un tempo moi recente non facían os roscóns pero si as roscas de doce. Excelente tema a tratar Jorge.
Moitas grazas e unha aperta.

Propoño facer un día un texto conxunto sobre o tema: vernos, comentar e escribir ti aquí e eu no meu blog enlazando un ao texto do outro. Seria interesante ter a visión desde dentro do obrador e desde fora.

Apertas

Jorge iso está feito, cando queiras! Encántame a idea.

Pois nada, é velo. Mira esta semana que ven ando algo máis libre. Igual podemos vernos un día, tomarlle un café (aínda que sexa nunha pausa do obrador) e falar o tema. O falamos no fin de semana, vale?

Perfecto Jorge.