Pan da última fornada

Curso de Guillermo Moscoso en La Cocina de Babette

O curso publicitado como “Tradición y vanguardia gallega con Guillermo Moscoso”, realizarase nas instalacións de La Cocina de Babette, na calle Joaquín Lorenzo nº 4 en Madrid, os días 21 e 22 de outubro de 2017.

O curso será de 12 horas distribuídas da seguinte maneira:

    Sábado 21 de 11 h. a 18 h.

    Domingo 22 de 10 h. a 15 h.

O temario do curso constará de:

    ·Elaboracións de masa de empanadas de trigo e de millo

    ·Técnicas de masas abiscoitadas con masas nai: bicas de trigo e bicas de millo

    ·Masas de brioche galego: distintas técnicas de fermentación en frío e fermentación en directo de 24 horas. Diversas elaboracións como trenzas, larpeiras …

    ·Masa de alta hidratación con técnicas de frío

    ·Pans de millo. Broas e pans de centeo galegos

O prezo do curso será de 325 + ive (393,25€) e incluirá material, xantar sábado e almorzo lixeiro o domingo.

O curso está organizado por La Cocina de Babette, para inscribirse deberán poñerse en contacto con eles por medio do seu número de teléfono (618 474 840) en horario de 10 h. a 13 h., ou tamén poden contactar con eles a través da súa páxina web.

Para máis información picar na seguinte ligazón:

http://www.lacocinadebabette.com/tallere-profesionales/tradicion-y-vanguardia-gallega-con-guillermo-moscoso/