Pan da última fornada

CURSO DE GUILLERMO MOSCOSO EN LA COCINA DE BABETTE EN ABRIL

O curso publicitado como “Alta Hidratación con Guillermo Moscoso”, realizarase nas instalacións de La Cocina de Babette, na calle Joaquín Lorenzo nº 4 en Madrid, os días 21 e 22 de abril de 2018.

O curso será de 12 horas distribuídas da seguinte maneira:

    Sábado 21 de 11 h. a 18 h.

    Domingo 22 de 10 h. a 15 h.

O curso centrarase no traballo con masas de alta hidratación, aplicando diferentes procesos de fermentación, directos e indirectos, usos de masas nai, bigas e cucharón, con fariñas de diferente forza e calidades.

O prezo do curso será de 395 € e incluirá material, xantar sábado e almorzo lixeiro o domingo.

O curso está organizado por La Cocina de Babette, para inscribirse deberán poñerse en contacto con eles por medio do seu número de teléfono (618 474 840) en horario de 10 h. a 13 h., ou tamén poden contactar con eles a través da súa páxina web.

Para máis información picar na seguinte ligazón:

http://www.lacocinadebabette.com/tallere-profesionales/masas-de-alta-hidratacion/