Pan da última fornada

Curso de Guillermo Moscoso en La Cocina de Babette en outubro

O curso publicitado como “Alta Hidratación con Guillermo Moscoso”, realizarase nas instalacións de La Cocina de Babette, na calle Joaquín Lorenzo nº 4 en Madrid, os días 6 e 7 de outubro de 2018.

O curso constará de 12 horas distribuídas do xeito seguinte:

   - Sábado 6 de 11.00 a 18.00 horas.

   - Domingo 7 de 10.00 a 15.00 horas.

Ambas as dúas xornadas centraranse no traballo con masas de alta hidratación, aplicando diferentes procesos de fermentación, directos e indirectos, usos de masas nai, bigas e cucharón, con fariñas de diferente forza e calidades.

O prezo do curso será de 395 € e incluirá material, xantar do sábado e almorzo lixeiro o domingo.

O curso está organizado por La Cocina de Babette. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do seu número de teléfono (618 474 840) en horario de 10.00 a 13.00 horas, ou ben concactar a través da súa páxina web.

Máis información, nesta ligazón.