Pan da última fornada

A excelencia, o éxito e o fracaso...

Os pasos miran cara fóra. As bágoas voltan ás casas que xa nunca pensaban que ían voltar. Os bártulos hanse facer para partir e sen mirar atrás hai que coller camiño, buscar futuro, buscar a incerteza coma un mundo mellor. Coma se fose aquilo do porvir cousa de a ver que pasa e a ver se temos sorte. A noite chegou en plena festa e a ver quen recolle todas as desfeitas da romaría. O día tardará en despuntar, pero eu son dos que confía que o amencer está na nosa man.

Hoxe falaba cun empresario do sector e dicíame “Guillermo, o sector da panadería en Galicia está literalmente morto”. O peor non era que el o dixera, é que o outro empresario que tiña ao seu carón asentía con cara de total resignación. E que facer, resignarse? Nunca. 

A excelencia, o éxito e o fracaso. Pan Mediterráneo Pan da Moa. O Obradoiro a pleno rendemento
A excelencia, o éxito e o fracaso. Pan Mediterráneo Pan da Moa. O Obradoiro a pleno rendemento

Parece que todos partimos dun fracaso xa estipulado cando queremos intentar facer algo. Todos temos os conselleiros que che expoñen as trabas e fracasos xa cometidos por moitos. Todos temos as premonicións de que imos errar e que xa outros o intentaron, con máis cartos e máis coñecementos que nós. Todos temos os que nos din que o momento é malísimo que se fose antes... sería moi diferente... Todos temos as portas pechadas nada máis empezar, todos temos ese calificativo de tolos, cando se nos ocorre intentar facer algo. O fracaso rotula a nosa idea xa dende o comezo.

Baixo unha nube negra premonitoria de tormenta intento cada día traballar da maneira que quero, de facer o mellor pan posible, de levar a cabo as miñas ideas. E para os que non me coñecedes  busco a excelencia en todo o que fago. Búscoa moitas veces coma ese fin inalcanzable pero sen deixar de pensar que algún día polo menos achegareime. E non quero que se entenda isto como unha carta de presentación, se non como unha ideoloxía e unha maneira de vivir. Non busco a excelencia como punto de partida cara conseguir algo, busco a excelencia como forma de estar ben comigo mesmo. Podédesme chamar tolo, non me sorprende.

Pois ben un grupo de tolos, un grupo de xente que só busca a excelencia, que levamos a palabra fracaso xa escrita como marca da camisa imos intentar que a frase da que me falaba hoxe o empresario e o colega a asentía vaia a cambiar.

O éxito... xa sabemos que non vai chegar, pero como o que nos mola é a excelencia...

En Galicia voltarase a falar de pan, e isto si que é unha presentación. E o amencer do que falaba no primeiro parágrafo asegúrovos que o vou a ver desta volta en primeira fila.