Pan da última fornada

Falei na radio...

Xosé Manuel García
Xosé Manuel García

O domingo 6 de Outubro falei na Radio Galega, no programa Come e Fala que presenta Xosé Manuel García.

Sempre estamos metidos en fariña, coas mans na masa. Este oficio vive a deshora e a xente non é capaz de vislumbrar nin como traballamos nin de poñer cara ós panadeiros. Non se nos escoita xa que falamos entre as paredes e as horas que pasamos no noso obradoiro. É difícil que a un panadeiro se lle escoite falar na radio, saia na tele ou simplemente ensine o que fai nas redes sociais. É complicado, pero se nos poñemos no caso dos panadeiros galegos, aínda o é máis.

Seguimos a vivir na nocturnidade, na nebulosa da fariña e a mestura de auga e fermentos. Seguimos a facer un dos mellores pans do mundo, daquela maneira que nos ensinaron os nosos pais que xa traian aprendida de xeracións anteriores. Seguimos a conservar os costumes e continuamos respectando a tradición.

Máis os panadeiros galegos, sabemos máis cousas. Sabemos facer pan doutras maneiras e sabemos facelo dende os dogmas dos procesos de panificación. Aqueles que seguen a dar como resultado un produto á altura dos mellores. E sabedes que? Tamén sabemos contalo e explicalo. Non eu, moitos outros panadeiros que aínda non tiveron a vez de que se lles escoitara pero que de seguro a terán. Por iso a importancia que Xosé Manuel García outorgara a oportunidade a un panadeiro galego falar totalmente de pan. O importante non é quen falou, o importante é a oportunidade. Xa que destas ocasións son das que se vai valer o espertar do pan en Galicia, o novo amencer despois da última fornada do Pan Galego.

Guille Moscoso en "Come e fala", na Radio Galega