Pan da última fornada

I Obradoiro de Empanadas Pan da Moa

O próximo día 2 de abril, ás 17 h. no obrador de Pan da Moa, realizarase o "I Obradoiro de Empanadas" impartido por Guillermo Moscoso Moure. Nel formarase de maneira práctica sobre as distintas fariñas e zaragalladas que se poden utilizar, método e outros conceptos que consiguen facer deste producto, un magnífico manxar. O custo do curso é de 65 € e 12 é o número de prazas para o mesmo.

Participantes no I Obradoiro de Empanadas Pan da Moa
Participantes no I Obradoiro de Empanadas Pan da Moa