Pan da última fornada

II Obradoiro: Atrévome co pan...

O día 21 xuntámonos de novo no Obradoiro Moscoso Moure para facer unha xornada panadeira por todo o alto. Non deixa de me sorprender as ganas que ten a xente de aprender a facer pan e desta volta atrevéronse con todo e vaia que se atreveron. Artesás, baguettes, bolas, roscas, brazos, chapatas, moletes, bolas de forneiro, focaccias e ata un concurso de pizzas por equipos ao máis puro estilo dun programa de televisión. 5 horas de traballo intenso, de amasados a man, de amasados sen amasar e de formados e fermentacións. Xogar, xogar co trato da masa e da fermentación. Unha masa sinxela e ben feita e a multitude de posibilidades que temos para ela.

Un día de panadeiros en mini sesión, pero sen dúbida que de poñermos de fariña ata arriba e disfrutar ata aos topes. Penso que eu aprendo bastante máis que eles. Coido que me ensinan eles máis do que lle ensino eu... así que imaxinade a gozada que significa traballar desta maneira.

Así que deixamos unhas fotos para que vexades parte do que disfrutamos, elaboramos e degustamos.

Moitas grazas a todos panadeiros!!!
O 7 de marzo... máis fariña!

Comentarios

Grazas Guillermo polo teu bo facer e pola túa amabilidade. Foi un placer pasar a tarde con vós e vir cheirando a bo pan e co regusto no padal. Foi o primeiro e non será o último. Eu estou desexando un de masas con manteiga.