Pan da última fornada

III Obradoiro de pan: Pans de antes...

O sábado 7 de marzo tivemos outra tarde de panadeiros no Obradoiro Moscoso Moure. Unha tarde de amasar coas mans, de descubrir e recordar novos sabores que co paso do tempo fóronse a perder. Lembrar outras maneiras de facer pan e voltar a aquelas pezas grandes, densas e que podían durar catro ou cinco días sen problema algún. Os “pans de antes” fixéronse protagonistas da tarde e puxeron, sen nos dar conta, as vellas receitas con vellas técnicas en vangarda da panadería actual. Xa que isto é así, de xeito as receitas que usan os escaldados están empezando a estar de moda. Debido a que facilitan os amasados, fan perdurar máis no tempo as pezas de pan e incluso confiren algo máis de volume pois son parte desa comentada vangarda da panadería actual. E que levamos a facer nós toda a vida coas broas? Pois a ver se vai a ser que os galegos somos moi avanzados nesto do pan... eu son máis que as vellas maneiras de facer pan serán as que marquen o futuro. 

E todo isto e moito máis nun obradoiro con xente que lle gusta facer pan na casa... unha tarde inesquecible.