Pan da última fornada

INTERÉSACHE FORMAR PARTE DE PAN DA MOA?

Desde Pan da Moa queremos comunicarvos que estamos recepcionando currículos para unha futura incorporación ao noso grupo de traballo.

 

Estamos interesados en persoas para traballar no obrador, con gusto para traballar coas masas, con ganas de aprender e agrandar os seus coñecementos no mundo do pan, para xente que ten interés en coñecer o oficio e facer del unha paixón, para xente que quere traballar nun oficio onde o esforzo vese reflexado día a día.

Esforzo, paixón, recompensa, satisfación, … , todo isto e máis pódecho proporcionar un traballo como o que temos.

Se estás interesado na posibilidade de traballar en Pan da Moa envíanos o teu currículo á nosa dirección de correo (obradoiro@pandamoa.com), ou tamén pódelo entregar nas nosas tendas persoalmente (Rúa do Cubelo nº 27, rúa de Madrid nº 15, rúa do Tambre nº 3).

Esperamos noticias de ti.