Pan da última fornada

José Ayats Sesé...

 

Solo los humildes tienen la inteligencia y la capacidad de aprender

 

Pasaban pouco das cinco da tarde. Cando chegamos xa tomara o café e agardaba sentado nunha mesa que daba case en fronte da porta da entrada á cafetería. Agardaba encontralo peor. Non anda demasiado ben e parece que perdeu forza na súa man dereita, incluso mobilidade, noteino  o saudarmos. Pero cativa e convence. É auténtico, capaz de vender un transatlántico en Toledo e unha das persoas máis lúcidas e indicadas para ser unha referencia na panadería galega. Aínda está na súa década dos 70, pero a verdade é que con José Ayats Sesé non se fala só de pasado, nin de presente. O futuro marca que continúe sendo transcendente no mundo das masas hidratadas.

Vehemente e testán,  non é sinxelo de convencer. Pero escoita. De Figueres, a través dos motores entra no mundo da panadería. Destínano a cubrir a zona noroeste da península e ata aquí chega.

 

Filtrouse nas masas e foi capaz de entendelas. Comprendeu ós panadeiros e xestionou os soños dos artesáns que quixeron montar a súa empresa. Non vendía maquinaria, vendía e vende comodidade, facilidade, posibilidade e calidade.

Dicionario de historias e pans, non naceu para ser actor secundario. Ten ollos que baixo os lentes delatan modernidade e xuventude. Referencian que non vai de farol e o que fai é para destacar e ser o mellor.

Non vou valorar a súa maneira de ser, simplemente cando o Sr. Ayats fala, convén sentarse cómodo, pedir algo para beber e... escoitar.

Gárdome moitas historias, moitas anécdotas que a el seguramente lle gustaría que as escribira, pero como eu tamén aprendo as leccións as gardarei para seguir escribindo. Para seguir contando e falando de pan.

Di que os de Compostela temos “carácter socarrón, retranca graciosa”. Un de Compostela di que un de Figueres da zona da Coruña ten talento e ilusión e a finura de lembrar que o señor Moscoso lle debe unhas troitas, que todos sabemos que vai custar pillalas.

Caían as nove largas cando nos levantamos do café, dez minutos máis falando na porta e unha nova cita para despois de Semana Santa. E que os extremos confíns da panadería hai que achegalos ata convertelos simplemente en realidade. E claro está que hai xente que aínda ten moito que dicir.

Grazas.

 

 ¡Con ilusión, voluntad y conocimiento, se consigue todo!