Pan da última fornada

Lote de produtos de Nadal...

Como xa sabedes, en Pan da Moa, vimos de sacar á venta, no noso web www.pandamoa.com, un pequeno lote de produtos do máis interesante para poder gozar nestas datas de Nadal. Trátase dunha caixiña realmente especial, formada por produtos da máxima calidade e que esperemos que vos deixen sen palabras unha vez os provedes.

A venda comezou xa o luns desta mesma semana e rematará o venres 19 de decembro ás 12h. a un custe por caixa de 79€ e que en caso de pedilo chegará ás vosas casas o mesmo día 23 de decembro. O contido da mesma é:

- 1 Pan da Moa (1,5 kg.)
- 1 Turrón de chocolate ouro con piñón e pistachos
- 1 Turrón de chocolate intenso 70% con abelás
- 1 Turrón de chocolate con leite e améndoas
- 300g. Cocadas
- 350g. Amendoados
- 400g. Polvoróns de améndoa

Todos eles produtos artesáns da máxima calidade elaborados polos nosos panadeiros no Obradoiro Moscoso Moure do Cubelo, en Santiago de Compostela. Esperemos sexa do voso agrado e vos animedes a saborear Pan da Moa ao longo de toda a Península.