Pan da última fornada

...non altera ao produto.

O día. Presentaba un gris escuro. Facía frío e ameazaba choiva. As sensacións eran boas, pero non tiñan nada que ver co clima. Nin co clima, nin co aspecto da cidade. Bonita si, pero demasiado abandonada pola súa sorte. Como se os únicos que a respectaran foran os seus cidadáns.

 Unha das panaderías con maior afluencia do Porto e que  nos animamos a probar, Padaría Ribeiro, entre un  constante entrar e sair de xente.
Unha das panaderías con maior afluencia do Porto e que  nos animamos a probar, Padaría Ribeiro, entre un  constante entrar e sair de xente.

A xente. Levo varios días enfrascado e literalmente pelexado con este post. É como se o que realmente quixera contar se esquecera repentinamente da miña mente en calquera intre. Como se o que quixera dicir se amontóase con outras ideas que tamén quero falar agora. Pero paréceme que xa sei o que pasa.

Os amigos. A sorte ou a fortuna non sei se hai que buscala ou realmente te atopa. Pero hai algunha posibilidade de que cando ande vagando pola rúa, ó mellor se pare e lle chames a atención. Non o sei.

Pero ata aquí son todos pensamentos, moitas veces frustrantes e outras tantas motivacionais. Mais cando nos sentamos a xantar naquel restaurante de comida tradicional, enlacei tódalas ocorrencias.

Necesitaba respirar. Andaba días que o cansazo facíame enfadarme e equivocarme demasiadas veces. E claro, como un ten a sorte ou a fortuna de ter moi bos amigos, estes sempre están a axudar. Así que decidimos marchar un par de días para Porto. O día seguro que non era o mellor, pero a min dábame igual. Eu o que quería era respirar, esa relaxación tan estritamente necesaria que eu necesito ata para vivir nun día normal. A xente marca unha sensación sobre ti, deixa unha pegada que fará que ti teñas un parecer ou outro do instante que estas a vivir.

Esa comida, estaba deliciosa, pero... a compañía era excelente, a xente que nos atendeu era encantadora e tivemos moita sorte por atopalo. Bueno, o mellor non foi tan incrible como o estou recordando agora, o que pasa é que o mellor a suma dos factores fai que para min sexa un recordo fascinante. Entón... a suma dos factores...

Nunca fun moi de matemáticas, pero a suma dos factores fará que teñamos éxito ou non. Logo, se eu fago pan, primeiro teño que facelo o mellor posible, teño que demostrar que me encanta facelo, demostrarlle a quen veña á panadería que disfruto co que fago e que este é un produto con identidade propia. E tratar a quen veña pola porta cun sentimento verdadeiro de agradecemento. E despois que haxa sorte. 

Sempre de cada viaxe quito algo, ou reafirmo algún pensamento. De Porto, téñoo moi claro, a suma dos factores.