Nova Tenda, #PandaMoaCruceiro
Rúa do Tambre 3, Cruceiro da Coruña
Santiago de Compostela
A mirada de meu pai visualizaba confianza. Desas olladas que transmiten ao mesmo tempo que sorpresa tamén unha certa satisfacción, xa vai para uns meses do que conto, pero a chamada que recibira o xefe fora gratamente recibida.
Pasaban bastante das doce da noite cando saín á horta que hai na parte traseira do obradoiro. Despois dunha semana de mal tempo a choiva amainara e a pesares dalgunha nube nese momento parecía que o tempo estaba a mellorar. Era moi tarde, tiña que ir pronto a descansar algunha hora xa que en nada había que estar de volta porque ao día seguinte abriámola nova tenda. Nervioso, si, por suposto que si.
A semana foi intensa, había de estar todo listo e a punto. Adiantei as tabletas de chocolate, elaborei os semifríos, os hojaldres (follados en galego) estarían para cocer no día, as pastas, as diferentes variedades de pan que se ían facer estaban xa pensadas, a bolería de manteiga, a selección de produtos gourmet na parte da tenda xa estaban escollidos e a parte dos lácteos concretada coa casa de Xanceda.
Uqui Permui, Antón e todo o equipo de Uqui Cebra son desas persoas que sorprenden e que só falar con eles leva impreso o termo implicación. Claro está que toda novidade leva discusión e confrontación na casa pero aí está parte da riqueza de todo, parte do aprendizaxe. Comentámola idea e pouco a pouco foise creando un concepto diferente, distinto coa identidade inequívoca de Moscoso Moure baixo a marca de vestir de Pan da Moa.
Penso que eu o único que sei facer, e coido que teño moito pero que moito que aprender é elaborar. Si, algunhas veces teño ideas que poden parecer creativas pero o meu é o maratón de longa distancia, o traballo de resistencia. Para todo o demais non podo esquecer que necesito de moitas axudas, demasiados consellos e considero vital as sinerxías de fóra do sector. Non esquezo os amigos, non hai que nomealos xa que sobre todo un xa sabe de quen falo por tódalas colaboracións e o xesto de graza a todo aquilo que eu non domino.
De novo lembro aquela chamada da que falei antes. A conexión moitas das veces prodúcese en momentos curtos, neses intres que as sensacións fan que te decates mesmo da honradez e honestidade de persoas como Conchita e Xosé Antonio. Non é simple darte conta do vínculo, e isto induce á responsabilidade de poder levar a cabo un concepto diferente dunha tenda de pan, unha noción diversa que intentará sorprender e poder estar á altura de xente como eles, simplemente polo feito de confiar en nós. Disto haberá novos capítulos que desvelarei, pero resérvome o dereito de facelo no momento xusto.
Agora, entendo aquela ollada do meu pai ao colgar o teléfono.
Con todo isto e moito máis foise creando un despacho de pan do que estou moi contento como quedou, e dende a humildade temos que facer chegar ao mellor produto e da mellor maneira posible a cada persoa que queira achegarse e facer visita. Sigo alterado, pero só queda coller aire e mirar cara diante.
Sempre digo que as empresas marcan as bases, pero cada persoa que entre pon o que sempre marca a diferenza, os detalles.
Comentarios
Espero que tengáis mucha suerte con la nueva tienda del Cruceiro y que mis vecinos se porten bien con vosotros ;)
Acabo de ver esas piruletas de chocolate de las que ya había oído hablar.. vaya delicia y vaya gozada hacerlas!
En serio, espero que os vaya genial porque sois una gente maravillosa y merecéis todo el éxito del mundo!
Un abrazooo!
Moitísimas grazas. Intentaremos seducir e facer que cada produto e cada bocado poida estar á altura agardada. Inrtentaremos cautivar a todos os que desexen visitarnos. As piruletas de chocolate... estás máis que invitada para axudarme a facer unhas poucas. Moitas grazas novamente.