NOVO SERVIZO DE TENDA ON LINE
Coa intención de seguir melloran a experiencia de compra e Pan da Moa por parte da nosa clientela, lanzamos unha nova Tenda On Line
Boas familia,
na procura de seguir mellorando, lanzamos unha nova tenda on line para mellorar a experiencia de compra, lanzando unha tenda on line máis sinxela e moderna. A gran novidade será que xa non é necesario facer o pedido con 2 días de antelación, sendo posible agora facer pedido ata as 23:59 horas para recoller ó día seguinte. Este servizo estará dispoñible únicamente para recoller no noso obrador , en RÚA DO CUBELO 27.
Cando vaiades a mercar dende a tenda on line, veredes que os produtos están divididos en 3 franxas horarias, pola dispoñibilidade destes, según a hora á que se queira facer a recollida. Ó facer o pedido, cubriredes uns datos persoais (nome,número de teléfono,hora de recollida,....) e faceredes o pago mediante un dos métodos de pago dispoñibles. O día da recollida, na hora escollida, sen facer ningún tipo de cola ou espera, tocaredes no timbre na zona sinalada da nosa fachada para pedidos on line, e sairemos co voso pedido.
Empezamos dende hoxe con este servizo, que trateremos de seguir mellorando. Ante calquer dúbida , aclaración ou problema, podedes poñervos en contacto en obradoiro@pandamoa.com .
Un saúdo e grazas
- ‹ Anterior
- Seguinte ›