Pan da última fornada

Novo servizo de venta online

En resposta á situación actual e pensando no noso persoal e clientela, dispoñemos un novo servizo online para encargas e reparto a domicilio a través de www.pandamoa.com/tenda

Este servizo de panadería online busca que poidades seguir a gozar de produtos de panadería frescos ao tempo que cumprimos coas restriccións de seguridade ao respecto do distanciamento físico. 

Cada encarga é cocida e preparada individualmente para garantir a calidade e frescura de sempre. Isto require que precisemos que fagas as túas compras con, cando menos, dous días de antelación á recollida ou envío.

A nosa intención é garantir o reparto de todos os pedidos cada día entre as 12:30h e as 14:30h. Isto fai que teñamos que limitar o noso ámbito de reparto que queda restrinxido ás rúas que aparecen no despregable que podes atopar na tenda online e que coinciden aproximadamente coa zona urbana do Concello de Santiago de Compostela, a excepción das rúas con tráfico restrinxido na Zona Vella.

Dada a rapidez de implementación, non tivemos oportunidade de facer todas as probas que nos gustaría, así que agardamos entendas calquera problema que se poida producir, para o que sempre daremos resposta persoalmente na tenda do noso obrador (Rúa do Cubelo 27) e no teléfono 981 552 352 de 0830h a 1530h (se precisas contactar pola tarde escribenos un email a obradoiro@pandamoa.com e poremonos en contacto contigo na mañá seguinte).