Pan da última fornada

O pan na Cadena Ser...

E que despois de escoitar isto, quedei sen palabras.

Saía de ver un partido de fútbol cando o pai dun amigo, comentoume que o día anterior na Cadena Ser estiveran falando de pan. Decía que se tivera o meu número de teléfono nese momento, chamaríame para avisarme. Gracias Xaime.

Cheguei a casa e entrei na rede para poder escoitar o que falaran. Escoitei.

- Programa A vivir que son dos días (17/11/12)

Non teño nin a práctica nin o talento suficientes para poder escribir o que sentín nese momento. Esa mestura de rabia e vergonza, de impotencia. Ese patriotismo arengado en cada momento que falo de pan galego, de que nós tamén podemos estar aí. De que penso que o pan que facemos é tan bo como os mellores. E de verdade que o creo así. De que o que nos falta é saber vendelo, de traballar nesa liña e de esforzarnos cada día para transmitir e divulgar o noso oficio. Que a xente teña a oportunidade de descubrir que facemos e como elaboramos nos nosos obradoiros. De abrilas portas á clientela, á xente. E de aprender, aprender de todos, en cada intre e en cada escenario onde esteamos, xa que a aprendizaxe non se sabe onde nos vai a dala lección.

Ben, pois o mellor cando escoitedes isto podedes imaxinarvos como me sentín. Como panadeiros falan Xavier Barriga, dende Barcelona, a cidade onde esperta a nova cultura panarra. E fala José Montero, dende Madrid, galego.

Unha cousa máis, e remato, para deixar que poidades axuizar o que escoitedes da maneira máis obxectiva posible. José Montero, vostede seguramente é un gran artesán pero para un xoven panadeiro coma min e coa miña idea deste oficio, vostede é a pastilla perfecta para non soñar.