Pan da última fornada

Pan da Moa...

A conectividade co cliente. Cliente, entorno, ambiente.
Sempre o digo e penso que non me equivoco demasiado, a clave está en seducir.

Fai uns meses decidimos  dar ese paso que para unha empresa pequena como a nosa non deixa de ser un gran esforzo. Vimos da panadería tradicional en Galicia, aquela que a única publicidade que tiña era o seu produto do que falaban os seus clientes a outros. Non había máis, tan simple como abrir cada día a porta da tenda e poñerse detrás do mostrador e atender o cliente. A verdade dicindo así e facendo ben, a min que ignoro bastante o tema paréceme unha publicidade boísima.

Claro, a base de todo, sigo a falar dende o meu punto de vista, é o produto. Vale, diso é do que estou máis tranquilo xa que é o que eu máis coñezo. Sei dos esforzos, das probas, das fórmulas e das calidades que utilizamos para chegar a esa conclusión. Esa que non deixa de ser máis que o pracer cando o que o proba sinte o que nós lle intentamos imprimir dende un principio. E continuando con este acto de sinceridade coido  que ás veces o conseguimos.

Si, pero con isto non chega. Ou mellor dito, chega pero non é suficiente. E eu que quería que esta entrada fora clara e explicativa... sempre termino por meterme en labirintos.

Bueno, o caso é que temos WEB. SI, TEMOS WEB.
O caso é que sacamos un nome e unha imaxe de marca. Si, é que somos moi chulos.
O caso é que nos encanta.
O caso é que isto é obra de Uqui Permui e todo o seu equipo de Uqui.net
O caso é que agardamos que sintades as mesmas sensacións que nós cando o vimos, inesquecibles.
O caso, vou ao caso:

 

Seguimos a ser PANADERÍA MOSCOSO MOURE

 

A imaxe de marca será PAN DA MOA. Así que si vedes pandamoa, PANDAMOA, PAN DA MOA, pan da moa SOMÓS NÓS!!!!

 

Somos os de sempre cunha imaxe actualizada ós tempos, cun sentido máis moderno. Gardando as esencias da tradición cun toque actual de vangarda.

Si, somos:
- PAN DA MOA (toque de vangarda) e...
PANADERÍA MOSCOSO MOURE (esencia da tradición).

Xa sabedes que un dos nosos pans máis valorados chámase Pan da Moa. De aquí, da boa valoración que ten para vós, saíu un pouco a idea.

Agardamos que esta nova andaina en PANDAMOA teña a acollida que se merece. Necesitámosvos!!!

 

BENVIDOS a PANDAMOA
obradoiro[a]pandamoa.com 
Pan da Moa
Pan da Moa
@pandamoa
Pan da Moa
Pan da Moa

Comentarios

Todo o que se fai con ilusión será ben acollido polos demais. Como moi ben dis a mellor imaxe é o produto e o voso é do melloriño, véndese só. Agora con este vestido novo ademais ten ese toque actual xunto con ese pan tradicional. Agora xa o tedes todo.
Saudiños

Moitas grazas. Pero aínda faltan moitas cousas por mellorar. Aínda queda moito por facer, e nesa obriga andamos. Pero con todo iso, a verdade é que estamos contentísimos de como a xente está a acoller esa nova imaxe, novo nome e moitas cousas máis que iranse descubrindo co paso dos días.
Motísimas grazas Pepi Pi.