Pan da última fornada

Pan da Moa, no programa Xente con oficio

O pasado sábado, a familia Moscoso Moure protagonizou o programa Xente con oficio, da TVG, que en cada unha das súas emisións dá a coñecer algunha das profesións con máis raizame da nosa comunidade.

Captura do programa da Televisión de Galicia Xente con oficio
Captura do programa da Televisión de Galicia Xente con oficio

Como non podía ser doutro xeito, o programa fala do pan, do pan de verdade, e do labor dos panadeiros e panadeiras que traballan en prol do respecto á tradición e da recuperación do gusto polo bo pan. Non volo perdades!

-Xente con oficio: Panadeiros.