Pan da última fornada

Pan da Moa nos "I Premios Gastroactitud Compromiso con la Tierra"

O pasado día 20 de xuño celebráronse en Madrid, os “I Premios GASTROActitud Compromiso con la Tierra”, iniciativa levada a cabo por Julia Pérez Lozano e José Carlos Capel, onde se premia o esforzo e compromiso dos productores polo traballo a favor da boa alimentación.

Nunha gala presentada pola periodista gastronómica Julia Pérez, Guillermo Moscoso Moure tivo a honra de recibir o premio polo seu traballo no relanzamento da panadería tradicional galega das mans do prestixioso cociñeiro Andoni Luis Aduriz, que foi o padriño do evento.

É de agradecer que persoas tan vinculadas ao sector gastronómico tiveran en conta e premiaran o traballo e sentimento que pon Guillermo, e por extensión Pan da Moa, á hora de recuperar e dar valor ao pan galego.

Tamén é gratificante encontrarse coa aprobación ao premio recibido pola xente que forma parte do sector, coas súas felicitacións e mencións, ao igual que a recibida polo nosos clientes e seguidores.

Moitas gracias, porque vivencias como estas animan a seguir traballando para conseguir un bo fin, un pan galego de calidade, como foi e debe ser sempre.

Nestes enlaces podedes ver os premiados da gala e un artigo de Jorge Guitián:

http://www.gastroactitud.com/modulo/pistas/i-premios-gastroactitud-compr...

http://gourmetymerlin.blogspot.com.es/2016/06/premio-para-pan-da-moa.htm...