Pan da última fornada

Participación de Guillermo no programa "Larpeiros" da TVG (25/10/2016)

Guillermo foi uns dos protagonistas do programa Larpeiros da TVG do 25 de outubro. No mesmo deixou constancia do seu oficio como panadeiro.

Guillermo participou no programa Larpeiros da TVG mostrando como facer uns dos nosos pans especiais, o pan mediterráneo, un dos clásicos de Pan da Moa. Alí ensinoulle a Merchi Rodal, que ademáis dunha boa receta e unhas boas mans, o necesario que é o tempo e cariño á hora de conseguir un bo resultado, as imaxes e os comentarios dos comensales o certifican.

O panadeiro de Pan da Moa tamén colaborou á hora de facer o postre, e recoñeceu que o cantar é algo que lle gusta, pero non deixou constancia de como se lle dá. Parece que as cámaras non o atemorizan así que igual no futuro…, do que si deixou mostras é do que lle gusta un bo xantar.

Se queredes velo de primeira man, podedes pinchar no enlace do final e disfrutar un bo rato coa compañía dos larpeiros Benigno Campos, Adrián Díaz, Leni Pérez, Merchi Rodal e Guillermo Moscoso.

 

http://www.crtvg.es/tvg/programas/larpeiros