Pan da última fornada

Participación de Manuel Moscoso e Chus Moure en Vivir Aquí

O pasado 25 de febreiro no programa da TVG "Vivir Aquí", contaron coa participación de Manuel Moscoso e Chus Moure para explicar como se elaboran productos típicos do entroido como son as orellas e as filloas. Se queredes ver aos xefes de Pan da Moa dando mostras do seu bo facer pinchade no seguinte enlace. Entre o minuto 21'35" e o 28'39" poderedes seguir as súas explicacións sobre os ingredentes a utilizar e os pasos a seguir para conseguir que o entroido saiba mellor.