Pan da última fornada

Que viva la pepa...

Considero que pode ser un título ideal para presentar esta entrada. Sen dúbida unha das iniciativas máis sorprendentes e satisfactorias dos últimos anos. Unha xuntanza de panadeiros a nivel nacional que falan de pan, poñen en marcha un circuito de venda de pans doutras panaderías na súa propia. Unha rotación semanal de cada volta un pan diferente dunha das panaderías que está na asociación.

Foi en Ocaña onde coñecín a Beatriz Etxeberría e foi ela quen me comentou a idea. Alma mater da iniciativa foi quen de crear unha auténtica rede de comentarios, cambios de coñecementos e visualizacións de novas perspectivas e proxectos a nivel nacional.

Nós decidimos vender estes pans de LA PEPA os xoves, e de verdade estou moi pero que moi sorprendido polo nivel de venda acadada. A xente quere ver novidades nas tendas, quere ver obradoiros activos, quere ter pans de calidade nas súas mesas e quere ver unhas panaderías dinámicas e divertidas. Isto é o que reflexa LA PEPA.

Dinámica, actividade, innovación, calidade, xente con ganas de facer as cousas ben... e moitas sorpresas máis...

Que viva LA PEPA!!