Pan da última fornada

Queres formar parte do noso equipo?

Pan da Moa medra. E precisamos incorporar persoal ao noso obradoiro. Procuramos estudantes especializados, de ciclos vencellados á panadería e/ou a hostelaría, ou profesionais con experiencia.

Procuramos persoal cualificado para o noso obradoiro
Procuramos persoal cualificado para o noso obradoiro

O posto de traballo ofertado implicaría os labores propios da elaboración das nosas especialidades panadeiras, así como de parte dos doces e bolería de Pan da Moa. Non cómpre que teñas os estudos finalizados, pero si que sexas unha persoa responsable con formación no sector, paixón polo oficio e ganas de aprender e medrar.

Gustaríanos incorporar persoal con vocación de continuidade, que pase a formar parte de xeito permanente do noso equipo de traballo. Se tes interese na oferta, e consideras que é o teu perfil o que procuramos, non deixes de poñerte en contacto con nós. Podes facernos chegar o teu currículo a través do enderezo obradoiro@pandamoa.com, ou ben entregalo presencialmente no noso obradoiro, sito na rúa do Cubelo, 27. Agardámoste!