Pan da última fornada

Taller de Ibán Yarza en Pan da Moa, Santiago...

Visita de Ibán Yarza ao obradoiro de Pan da Moa
Visita de Ibán Yarza ao obradoiro de Pan da Moa

Despois de coñecernos fai xa un ano e tras a súa visita por Compostela, Ibán chegará a Santiago para estar connosco nas Xornadas do Pan Galego, Con Moita Miga que celebraremos na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o 26 e 27 deste mes de xaneiro. Por certo, onde xa completou as prazas para o taller "Fermentos e técnicas na túa casa".

Aproveitando a visita, o sábado 25 Ibán vai dar un taller en Pan da Moa, no noso obradoiro do Cubelo. Chamarase "Introdución ao pan artesán" e durante unhas 4 horas exprimirá os seus coñecementos para que poidamos aprender dende cero a manexar e sentir as masas. Terá un custo de 50€ e para ter máis información só teredes que visitar o seu blog ¿Te quedas a cenar? 

¿Atrevédesvos a intentalo?

Comentarios

Aquí un que se atreve e que xa se matriculou! Desexando que cheguen o 25 e o 26...