Croissant
Sen dúbida que co paso dos anos é un dos produtos estrela de Pan da Moa. O protagonista por excelencia como o mellor acompañante dun almorzo exquisito. As mellores materias primas como a manteiga, o leite, a fariña, a masa nai… un proceso de fermentación lenta e un follado do máis coidado. O resultado ese croissant super crocante cun interior húmido e alveolado, con sabores a manteiga e a fermentación e texturas de capas de manteiga e masa superpostas que farán deleitarnos dunha das referencias da nosa panadería.