Pan de Espelta

A espelta é unha variedade de trigo que se cultiva desde fai uns 7000 anos. É considerado como un dos trigos máis antigos que existe. Ten un alto nivel de proteínas, minerais, vitaminas e oligoelementos. A asimilación dos seus nutrientes é extraordinaria. É unha planta que non sufriu tantas variacións xenéticas como outros trigos.

Os pans de espelta que elaboramos só conteñen fariñas 100% de espelta, tanto integrais como brancas. En ocasións levan gran de espelta xerminado no seu interior. E temos unha variación que xa é un clásico en Pan da Moa como é o Pan de Espelta con Chocolate e Laranxa.

[Produto ocasional]
Pan de espelta - Panadería Moscoso Moure

Esta semana:

Espelta con chocolate: xoves
Pan de espelta: xoves