Pan Saúde Branco

«Pans para os amantes e sibaritas do bo pan».

A principal particularidade é que, antes de enfornalo, ten un período de fermentación de 35 horas. Elaborado con fariñas de excelente calidade sen ningún tipo de tratamento. A masa nai correspondente, un 90 % de hidratación e os longos repousos de fermentación fan del un pan realmente especial e diferente.

Tratamos de recuperar con el a panadería artesá por excelencia, os procesos lentos e laboriosos que tan bos resultados ofrecen.

[Produto ocasional]
Pan Saúde Branco - Panadería Moscoso Moure

Esta semana:

Pan saúde branco: venres