Empanadas

Aceite de oliva virxe extra, cebola pelada e picada a man e pementos naturais rustridos no momento; lombos de bacallau, de atún, polbo da ría, zamburiñas de calidade extra; zorza ao estilo tradicional, polo fritido con cebola picada e cervexa, lombos de porco... todo dentro dunha masa suave, lixeiramente gramada que mantén o sabor a pan e incrementa o das diferentes zaragalladas que preparamos a diario na nosa cociña. Con todo o cariño e conservando as costumes das nosas avoas, esas que lle deron fama mundial a este produto galego.

Bacallau

Atún

Polbo da ría

Zamburiñas

Zorza

Polo con cervexa

Lombo de porco

Empanada - Panadería Moscoso Moure