Pan da moa
«Pan da moa, identidade Moscoso-Moure»
Moa: Peza de pedra do muíño que xira sobre outra fixa, chamada pé, para triturar o gran ou as olivas.
Mirando atrás, baixo a perspectiva do pan de sempre. Sobre esa pedra, na moa, moíase o trigo do país, o centeo e, de cando en vez, trigos de gran forza que chegaban dende as Castillas. Baixo o muíño, auga que facía rotar as pedras e moer o gran. Así, pensamos nun pan cunha altísima hidratación –95% do peso da fariña.
Pan auténtico, con máis de vinte horas de fermentación, masa nai natural, cocción lenta e tradicional.
[Produto ocasional]