Pan da última fornada

Ibán Yarza...

Estaba a traballar no momento da chamada. Lembro que andaba a quitar as empanadillas do forno e faltaban as empanadas. Parei un momento e descolguei o teléfono. Dende o outro lado estábame a falar Ibán Yarza, pero tiven que dicirlle que se podía chamar dentro dun pouco xa que os produtos do forno non agardan.

Chamou á media hora aproximadamente. Si, esa foi a primeira vez que falamos. Esa foi a primeira conversa que houbo pero virían moitas máis charlas máis que interesantes. Viría unha noite traballando con nós no obradoiro e viría algúnha cea, comida e cafés en dous días e medio intensos e tremendamente panceiros.

Hai xente que expresa e paga a pena escoitar. Estar falando moito tempo e non poder deixar de prestar atención. Si, esa maxia que teñen aqueles que saben contar. Falamos de pasado, do presente e do futuro do pan. Da panadería, de Galicia, de como a xente quere bo pan, quere aprender a elaborar, quere saber que está pasando dentro das masas e que llo expliquen.

Ibán é a conexión perfecta entre os panadeiros profesionais e os seus clientes así como toda a actividade que neste momento se desenfrea por saber e aprender de pan. Toda esa actividade que como sempre digo, os propios panadeiros debemos de aproveitar, debemos de empezar a facer unha cultura de pan sen matices comerciais. Unha cultura de pan que incentive a que a xente vexa que paga moito a pena seguir indo á panadería do seu barrio cada día, e que o seu panadeiro será o dicionario de dúbidas perfecto para colmar a curiosidade de saber de pan, da cultura de pan.

Ibán é unha das chaves que abre as mentes dos panadeiros para que nos integremos e interrelacionemos co resto da xente, que sen seren profesionais, queren saber de pan. É a sorte que tocou de que unha persoa allea ó oficio se fixera unha das referencias da Cultura de Pan.

 

Fagamos Cultura de Pan
Grazas Ibán

Comentarios

Como me gustaría estar nesas conversas, caladiña, eso si, pero escoitando e aprendendo dos que saben. Saudiños

De caladiña nada, aquí necesitamos a opinión de todos, todos temos moito que aprender e moitas veces a xente que está fora do sector pode ensinarnos cousas interesantísimas. O importante é seguir aprendendo e seguir facendo cultura de pan. Moitas gracias por todo, de verdade.

Espero poder ir este verano a Galicia y probar vuestro pan,tiene que ser una auténtica maravilla.... Enhorabuena por el blog y las ideas!

Rogelio

Muchas gracias Rogelio!! Te espero encantadísimo y espero que si vienes te encante lo que hacemos.