Pan da última fornada

O camiño do éxito!

Paro, caso Bárcenas, políticos corruptos, estar imputado xa é normal, non traballar é habitual, subida de impostos, diferenza de clases, caso Gurtel, baixada das pensións, os xóvenes teñen que marchar, os que están preparados teñen que partir, postos designados a dedo, burbulla inmobiliaria, Aznar contrataca, Feijoo sae en fotos con narcotraficantes, a oposición política deste país é lamentable, a clase política é inculta, o clero está representado en España por Rouco Varela, as preferentes, ai as preferentes, os bancos, as bancas e os banqueiros, as empresas, os paraísos fiscais, a contaminación, a Galicia volven as minas a ceo aberto, a violencia de xénero, viviamos por enriba das nosas posibilidades, os funcionarios, a xustiza, Alemaña, a Merkel... amasade todo isto. Alta hidratación, masa excesivamente aceda, intragable.

Panorama alentador
Panorama difícil de cambiar 
Panorama para marchar 
Panorama para valentes,
xente con ideas, xente que quere progresar, xente preparada, persoas capaces de transmitir, con ganas de arriscar, persoas positivas, aquelas que queiran deixar pegada e que desexen vivir nun país que aínda con todo pode ter posibilidades, xa que... isto non é unha democracia, poder do pobo non? Pois... que imos facer... quedar mirando ou actuar? Pelexar polos nosos propósitos e intentar levar a cabo os nosos soños ou simplemente queixarnos? A situación é crítica, pero isto para diante non vai saír sen nós.