Un día que estaba eu na casa telefoneoume Josep Pascual por se estaría disposto a ir. Deixoume un par de días para pensalo e consultalo. Finalmente, como xa sabía todo o mundo que realmente me coñece, dixen que si.
Este blog vai para dous anos. Dous anos moi intensos cheos de vivencias e de actividade. Un blog tremendamente humilde que permitiu difundir aínda así o meu pensamento persoal sobre moitas circunstancias do mundo do pan.
Dende xa fai anos os eventos gastronómicos empezaron a gañar cada vez máis relevancia e as grandes feiras de diversos sectores como por exemplo, a que a nós nos certifica, vanse vindo un pouco máis abaixo xa que os custes de montaxe e mantemento son demasiado altos para os sectores que a montan.
Eu non coñecía persoalmente a José Luis Miño, si que tiña moitas referencias del. Pero ata o de agora, ata que se realizou o evento de Con Moita Miga, nunca falara con el persoalmente.
O pan galego e os panadeiros son para min unha obriga que non podo deixar a un lado. Con Moita Miga somos un grupo de xente de diferentes profesións, que nos une un ben común, o pan e os panadeiros. No Gaiás o 26 e 27 de xaneiro plantouse unha semente que debemos de coidar e seguir traballando para que o pan galego ocupe o lugar que nós cremos que merece.
Foi en San Sebastián, concretamente na panadería de The Loaf -in a box- e co libro de Dan Lepard “Hecho a mano” cando descubrín todo un movemento social e de creatividade, no que a cultura e o coñecemento de multitude tipos de masas, fermentacións, formados, fariñas, ingredientes...
Dani Gesto e máis eu saímos dun dos containers de The Loaf. David, Antonio e Egoitz cargan os sacos que acaba de deixar un camión cunha pequena partida de fariña